Sunday 05 de May de 2024

Excursión a Viveiro e Mondoñedo


O Concello de Miño promove unha excursión para os seus veciños e veciñas maiores de 55 anos a Mondoñedo e Viveiro.

A saída, programada para o sábado 3 de febreiro, terá como punto de saída a rúa do Mercado, ás 08.30 horas, e incluirá unha visita opcional á catedral de Mondoñedo, cun prezo de seis euros por persoa; unha comida en Viveiro, a un prezo de quince euros por cabeza; e unha visita á exposición permanente de Semana Santa, tamén nesta localidade.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse na oficina de Turismo ata o día 1 de febreiro, tendo preferencia os empadroados no Concello de Miño.